Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Ames
Parroquia: Ortoño (San Xoán)
Lugar: Aldea Nova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Os petróglifos atópanse nunha peneda orientada ao sur e cunha gran panorámica cara a onde están os canóns e fervenzas que fan no seu encontro o río Roxos e Sar, entre a paraxe do Pego e o lugar de Mirás. A súa altitude de 150 metros fai que se teña dende este lugar unha privilexiada visión do Val da Amaía. En liña recta cara ao sueste, e en condición parellas estarían os petróglifos do cume do monte Picón ou da Pena da Mira, a 200 m. de altitude (GA15002013). A 400 metros en liña recta cara o sueste, e situado nun esporón a uns 40 metros de altura sobre a leito do río Sar a carón da confluencia dos dous ríos, está o Castro de Mirás ou de Quistiláns (GA15002017). Tamén a 1.5 km. ao suroeste está o castro de Ortoño a carón do Sar (GA 15002007). Os petróglifos non están recollidos no actual pxom de Ames do 2002, pero a información recollida indica de foiron descubertos nos traballos previos a contrución da autovía Santiago-Brión. A urbanización que se está a proxectar na zona ten que respectar a zona da Pedra das Estivadas como un sitio arqueolóxico, segundo información veciñal implicada nas obras.
No referente ao estado dos petróglifos temos que dicir que apenas se aprecian os debuxos debido a erosión da pedra, forzada polos incendios que teñen acaecido por ese lugar. Se houbo gravuras complexas estarían totalmente desaparecidas. Vense tamén sinais que amosan que parte rocha estivo sendo utilizado para o corte de pezas de pedra. O máis apreciable, aínda que non sexa moito, son moitas coviñas pola superficie da pedra, que mesmo puideran ser froito da erosión, e liñas que non acaban de compor ningunha forma concreta. O que si podemos ver e unha ringleira de pías que parecen naturais pero que amosan un reborde case desaparecido, comezan no cume da rocha e van encadeadas unha con outras cara a o extremo leste do penedo.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Algúns enlaces Webs
http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/system/files/OS+PETROGLIFOS+DE+AMES+memoria.pdf
http://ospetroglifosdeames.blogspot.com.es/2013/05/petroglifo-pedra-estivada.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8659937792Lonxitude: -8.62301230431
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84