Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Ames / Santiago (comarca)
Parroquia: Ortoño-Villestro
Lugar: O Pego - Devesa do Rei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O leito do río Roxos ao seu paso polos límites do concello de Santiago e Ames, ao oeste da parroquia de Villestro, cae en pendente acusada cara a súa desembocadura no río Sar formando unhas impresionantes fervenzas. O tramo de aproximadamente 600 m. está inzado de rápidos e pozas por entre unhas carballeiras mesturadas con abundante loureiro e outras especies de árbores de ribeira coma freixos, salguieros e ameneiros. A auga escava nalgúns sitios estreitos sucos que rebaixaron a pedra do seu leito e noutros esbara facendo escuma sobre grandes superficies rochosas. O caudal sofre subidas rápidas cando as chuvias conducen as augas dende a zona de Portela e Quintáns, no concello de Santiago, cara sur. Están visibles dous muíños arruinados, aínda que cubertos de maleza, neste tramo de río, un dos cales amosa un sistema de cubo en moi bo estado e de gran tamaño e profundidade, para o que se acostuma nestas construcións. Por enriba dunha fervenza, e segundo un veciño que o recorda había pendurados uns cables de aceiro dunha antiga ponte, da que aínda se intúe o desembarco na rocha . As augas limpas do Roxos despois desta caída mestúranse frente ao Castro de Mirás e as ruínas da antiga papeleira de Brandía coas incriblemente contaminadas e fedorentas augas do río Sar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8665442334
Lonxitude: -8.61789464951
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84