Outra fotografía:
Tipo de ben: Necrópole, Camposanto,
Concello: Irixoa
Parroquia: Churío (San Martiño)
Lugar: O Señorío
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Tumbas de forma antropomórfica que se atopan no adro da igrexa de San Martiño de Churío. Podemos ver dous tipos de formacións. O primeiro sería unha talla “in situ” feita sobre a propia pedra que se atopa no adro. As medidas totais serían 2’18m x 74cm x 40cm. As medidas persoais son: 1’84m x 46cm x 25cm.
O segundo tipo de formación sería a que comprende o cadaleito móvil que mediría en superficie total: 2’04m x 83cm. As medidas persoais comprenderían: 1’84m x 53cm x 21cm. Este último cadaleito atopábase dentro da igrexa antes da remodelación de 1862.
Segundo as investigacións de López Ferreiro e Angel del Castillo, as tumbas poderían datarse da época sueva e formarían parte do recinto do templo que se situaría nese lugar.
Outras investigacións suxiren que as tumbas serían das primeiras épocas do medievo.
No que se refire aos restos das persoas enterradas compre salientar que o máis probable é que desapareceran despois da remodelación da igrexa que tivo lugar no ano 1862.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A tradición oral di que tumbarse dentro dos cadaleitos durante uns minutos axuda a curar os males da espalda.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
MARTÍNEZ MORÁS, Fernando: “La lápida de San Martín de Churío”. Boletín da Real Academis Galega nº 192 (1927).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.259182489257455Lonxitude: -8.079382181167603
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Set 11, 2011
Dado que a igrexa de San Martiño de Chúrio está catalogada
nas N.S.P. (1994) de Irixoa:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/IRIXOA/documents/0193CA001.pdf
con protección integral, entendo que estes elementos situados no adro da igrexa gozan do mesmo nivel de protección.
Xose Troiano says:
Xan 12, 2016
O Código no catálogo da Xunta é: GA15039022.
TUMBAS DE SAN MARTIÑO DE CHURÍO -IRIXOA-LA CORUÑA- – NECRÓPOLIS MEDIEVALES excavadas en la roca says:
Abr 5, 2020
[…] http://patrimoniogalego.net/index.php/5281/2011/09/tumbas-antropomorficas-de-san-martino-de-churio/ […]