Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Outes
Parroquia: Outes (San Padro)
Lugar: Serra de Outes
Outra denominación do ben: Casa da Cruz
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Segundo un estudio da deputación da Coruña a casa foi construída en 1939. O edificio consta de dúas plantas, a inferior das cales está ocupada por unha farmacia, función ao que alude o escudo da fachada leste coa serpe enrolada nunha copa. As fachadas están feitas a base de perpiaño e cachotaría e o lenzo sueste de sillería, ao igual que os esquinais das portas e ventás e o exterior do baixo acaroado polo norte. Na planta baixa ábrense seis portas e na superior outras tantas con pequenos balcóns, nas fachadas que das a rúa, mentres que na parte posterior hai dous ventanais e unha porta que comunica o interior da casa co baixo anexo, que a súa vez ábrese por un portalón a praza. Unha varanda na parte superior do edificio que semella de cemento vai adornado con con motivos florais e curvilíneos, no escudo anteriormente citado fai unha inscrición alusiva á fundación da botica. Nas esquinas das fachadas e flanqueando o escudo van seis basamentos cúbicos que sosteñen igual numero de xarróns ornamentais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II,
Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-X
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA010.pdf
(pax 5 de 6 )


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8419577385
Lonxitude: -8.9114356041
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84