Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Outes
Parroquia: Santo Ourente de Entíns
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada no adro da capela da Virxe do Rial no lugar de Mosteiro, topónimo que vén da existencia no lugar dun antigo cenobio, hoxe totalmente desaparecido. A fonte atópase nun plano inferior ao adro, tendo que acceder a ela baixando por unhas escaleiras de cinco chanzos polo dous lados do muro onde está construída. Da parte inferior sae un cano que deita a auga nun oco cadrado a modo de sumidoiro, e sobre el vai unha fornela coa imaxe da Virxe. Esta imaxe de pedra presenta as mans unidas en oración, unha túnica que forma unas dobras da cintura para abaixo e un manto que lle cae dende os ombreiros polos flancos. Apóiase sobre un anxo con ás, moi desgastado . A cabeza orixinal foi substituída por outra en tempos recentes. Enriba da imaxe uns adornos de placas dan paso a unhas cornixas saíntes con molduras e adornos de volutas aos dous lados. Na cimeira leva unha cruz que se eleva dun pedestal cadrado.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A fonte acoden os romeiros  o día da romaría da Virxe do Rial e tamén na do San Campio ,  que está na  igrexa  parroquial situada a uns 300 m. A este último ofrecíase  a xente para curar enfermidades mentais ou nerviosas ou para quitar o demo do corpo. Tamén era avogoso para sacar o  “mal cativo” e todo tipo de  feitizos.  Os devotos do santo desprázanse, despois do ritual das nove voltas ao redor dos cruceiros que flanquean a entrada da igrexa parroquial, ao adro  da igrexa da Virxe do Rial a mollar na auga da  fonte un pano que pasaban por onde estaban as súas doenzas e despois deixalo estendido a carón da fonte.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA016.pdf
(pax 1)

http://pacodomartelo.blogspot.com.es/2012/10/san-campio-2012.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.862887553
Lonxitude: -8.90024811029
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84