Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Oia
Parroquia: Burgueira (San Pedro)
Lugar: O Campo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A igrexa, que data do 1808 segundo unha data gravada nunha lenda da torre, posúe planta rectangular, con tellado a dúas augas, e dúas capelas laterais adosadas unha a cada lado, aproveitando os ocos de 3 dos 5 contrafortes, e no lado sur a sancristía.. A fachada está flanqueada por dúas pilastras con base e capitel de fuste liso, coroadas con pináculos en forma de bola. A porta é dintelada e sobre ela se representa, en forma de figura de pedra, ao santo baixo unha fornela sustentada por unha peaña,e mesmo sobre ela, unha fiestra moldurada. Presenta tres rúas separadas por perpiaños ben traballados e do mesmo tamaño, colocados a modo de columnas adosadas, que percorren toda a fachada e continúan ata o segundo corpo da torre. A rúa central enmarca a porta que está alintelada.
Unha pequena cornixa, á altura do capitel das pilastras laterais, separa o outro corpo ata a base da torre. Nel atopamos un brazo que suxeita un foco de luz, e unha cartela coas chaves de S. Pedro e a data de construción. A ámbolos lados e un pouco máis baixos que a fornela de S. Pedro, sobre peañas circulares, as imaxes de S. Xoán Bautista e a Virxe do Rosario. Dúas volutas rematan as rúas laterais ascendendo ata a base da torre.
A torre é de base cadrada e con dous corpos. Ámbolos dous péchanse con balaustrada de pedra en todo o perímetro e con pináculos piramidais nos ángulos da balaustrada. O primeiro corpo ten catro ocos para campás, con arco de medio punto, e adórnase nos esquinais con perpiaños da mesma factura que os que fan as rúas da fachada principal. O segundo corpo remátase en cúpula de media laranxa e pináculo con cruz pétrea.
O presbiterio ten bóveda de cruzaría apoiada no arco triunfal e en dúas fortes columnas adosadas nos ángulos da cabeceira da igrexa.
Conserva seis retablos. O maior ocupa todo o paramento leste do presbiterio. No centro da predela, que só ocupa a parte central, está o sagrario con cupulín. E mesmo enriba del unha gran fornela que acolle unha pirámide escalonada en tres corpos decrecentes para o expositor central. Hoxe en día no segundo escalón está a imaxe do patrón S. Pedro, e no expositor un Neno Xesús. Remátase a fornela coa tiara papal e por riba a representación da Trindade no ollo de Deus. O remate é con frontis semicircular e decoración vexetal. As dúas rúas laterais sepáranse por grandes columnas de fuste estriado e capitel corintio que sosteñen os xarróns de remate. Cérranse con pilastras tamén estriadas, e dos seus capiteis nace o arco de cerre que se adapta perfectamente ao medio punto do paramento.

Na súa orixe esta igrexa foi románica, que segundo parece no ano 1137 Alfonso VII donou xunto a outras aos freires do Mosterio de Oia.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OIA/documents/0856CA001.pdf (p. 1)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/burgueira%20oia.pdf
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/oia/sanpedro.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=25762&ctre=31


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0083056591
Lonxitude: -8.82751464844
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84