
Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Ames
Parroquia: Bugallido (San Pedro)
Lugar: Costoia (Quistiláns)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Este hórreo de tipo Amaía construíuse sobre un muro a carón dun camiño no lugar de Costoia. Elévase sobre 7 cepas conformadas de pezas de sillería que lle dan forman de semicírculo nos seus extremos. Leva tornarratos de mesa, formado por pezas de pedra cun beirado que sobresaen ao pé da cámara. Destas pezas, e coincidindo coas cepas, levántanse os linteis de pedra da cámara que serven para amparar as faixas e doelas de madeira que a compoñen. Leva a entrada no penal leste e do cume das sobrepenas érguense unha cruz. O tellado a dúas augas vai provisto dun beirado para gorecer a cámara da choiva. Ao seu carón hai unha pequena ponte que sae da propiedade e que pasa sobre o camiño.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8599817139Lonxitude: -8.60892266035
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Fina Pérez says:
Set 27, 2023
Precioso pueblo, nos transporta años atrás, el horreo es espectacular. Sorprendida gratamente por la amabilidad y y ayuda prestada ante un gran apuro a altas horas de la noche protegiendo a los viajeros. Gracias, por la grán ayuda prestada. Lugar para volver.