Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arteixo
Parroquia: Monteagudo (Santo Tomé)
Lugar: O Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Igrexa románica de planta basilical de tres naves que na súa orixe foi un mosteiro e que xa estaba construída no século XII. Isto sabémolo por un documento de doazón que o rei Afonso VII fixo ó abade e monxes o 15 de maio de 1154, e na que atribúe a súa fundación ó bispo da Sé Compostelá Sisnando.
O 5 de xuño de 1484 na bula do papa Sixto IV, converte o mosteiro de Monteagudo en Priorato e en igrexa parroquial co nomeamento de rector. Pouco tempo despois pasou a mans da Colexiata de Santa María do Campo da Coruña, por bula do papa Xulio II.
Como xa dixeramos antes, Santo Tomé de Monteagudo e unha igrexa de planta basilical de tres naves con tres ábsidas, formada por boa sillería disposta en fieiras uniformes, e un cruceiro pouco desenrolado respondendo o modelo habitual de templo monástico benedictino.
Os arcos de ingreso ás absidas e os arcos formeiros que comunican as naves son apuntadas. Os tramos rectangulares que siguen ós arcos que dan entrada ás ábsidas, cúbrense con bóvedas de canón, tamén apuntadas, e que se desenrolan ata os arcos de medio punto tralos cais comenzan as bóvedas de cuarto de esfera nas que rematan a cabeceira.
Os piares que dividen as naves prolónganse ata a cuberta para servir de apoio as cerchas de madeira que, sobre a nave central, soportan a estructura de cubrición de madeira a dúas augas. O seu chan é o orixinal composto por enlousado de pedra, algunhas delas numeradas.
No exterior, conserva a fábrica románica da cabeceira e dos muros laterais xa que a fachada foi reformada no primeiro tercio do século XIX perdendo a románica. En cada un dos muros laterais había unha entrada, hoxendía tapiadas sendo a do norte semicircular e a de sur, máis elaborada, resolvéndose cunha arquivolta tórica, apoiada en cadansúa columna.
A capela central está dividida en tres tramos por dúas semicolumnas adousadas, abrindo estreitas xanelas en cada tramo. A parte superior percórrena arquiños semicirculares apoiados sobre canzorriños. Sobre esta capela central, no testeiro da nave, hai un óculo circular que noutrora sería un rosetón.
As capelas laterais son de menos altura, sen columnas adousadas nin arquiños, pero si os típicos canzorriños e unha xanela en cada lateral de menor dimensión que ás da capela central.
A fachada, de grande sobriedade constructiva divídese en tres corpos verticais que reflexan a división interior do templo nas correspondentes tres naves, abríndose en cada parte un óculo circular. Coroando a parte central unha espadana formada por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados servendo para aloxa-las campás e rematado por un frontón triangular lixeiramente curvo coroado por un acroterio cuadrandular cunha cruz de pedra.
Por último, comentar que antigamente a igrexa tiña unha torre-campanario que desapareceu no ano 1651 debido o seu mal estado, dado que xa se derrubara parte dunha esquina e ameazaba con caer enriba da capela maior. Os Agostiños de Caión pediron permiso para leva-la torre e os sillares caídos porque eles necesitaban de pedra e así foi como unha pequena parte do antigo mosteiro de Monteagudo foi parar a vila de Caión.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
AGRASAR, Fernando: “La artesa de piedra, Imagen y pensamientos sobre la arquitectura románica de Arteixo”. WWW.AMAGEDITORIAL.COM, Concello de Arteixo, 2013.
“Arteixo patrimonio románico”. Concello de Arteixo, Dpto. composición ETSA Universidade da Coruña, Deputación Provincial da Coruña, 2012.
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ,X.:”Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Vol.I; Deputación Provincial da Coruña,1995.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA002.pdf (pax.44)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2842192689
Lonxitude: -8.57717871666
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84