Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Monte Louro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Restos da capela da Madalena que hoxe en día se dá por desaparecida. Situada nun dos cumes de monte Louro que leva o nome da santa. Poucas referencias se atopan sobre a súa construción e tamén da súa desaparición. Nunhas notas de datas históricas de Muros do ano 1563 consta a existencia de tres ermidas, das que hoxe en día xa non existe ningunha. Eran: a primeira no illote de Santa Catalina en Tal; a segunda no illote de Santo Antón en Laxeiras; e por último a ermida da Madalena en Monte Louro. A estas tres ermidas deixa en testamento, no mes de febreiro dese ano o comerciante e veciño de Muros , Juan Gil (Ó Vello), un real de prata. No documento do 19 de decembro do 2008 “Elaboración inventario do patrimonio marítimo pesqueiro no ámbito das confrarías de pecadores de Muros, Lira, O Pindo, Fisterra e Laxe” nomea, na pax. 25, os restos da de Santo Antón da Creba, e a da Illa de Sta. Catalina (Tal) desaparecidas tamén, pero esta xa non.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Para ler o informe antes citado das capelas
http://pindomarino.org/arquivos/Informe_Memoria_Inventario_Pat_Cult_191208.pdf
Plano da ría de Muros e Noia de Pedro Teixeira de 1634 , vese a capela no alto de Monte Louro
http://www.culturagalega.org/imaxes/docs/teixeira.pdf (pax. 27)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Foi posible atopar os restos grazas a que o camiño aos cumes de monte Louro están rozados, pero dado que é imposible buscar ao redor máis restos non é doado determinar a natureza do achado. Os perpiaños apuntan a unha factura igual aos das capelas do XVII.


Onde está localizado

Latitude: 42.7456570038
Lonxitude: -9.08260345459
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84