Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castroverde
Parroquia: Montecubeiro (San Cibrao)
Lugar: San Cibrao
Outra denominación do ben: Montecubeiro
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de San Cibrao de Montecubeiro formou parte dun antigo convento de dominicos, con orixe nos séculos XII-XIII. A esta época pertence parte da ábsida decorada con canzorros xeométricos e zoomórficos. Foi reconstruída no ano 1787, cunha ampla nave con teito de madeira a dúas augas, e un cabido frontal no que se conserva unha primitiva pía bautismal. No interior hai un retablo con columnas salomónicas do século XVIII, con esculturas de San Cibrao, San Ramón Nonato e Nosa Señora do Rosario, e outros tres retablos laterais.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0850001128
Lonxitude: -7.32745170593
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84