Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Salto
Lugar: Cumio do monte San Bartolo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

No alto do monte de San Bartolo (407 m) atopamos esta pequena capela dedicada ó santo.
A capelanía da ermida foi fundada por dous labregos en 1681.
Dende o alto do monte teremos unhas vistas espléndidas do Val de Vimianzo, do Val de Salto e de toda a zona central da Terra de Soneira.
E por que se constrúe unha ermida nun lugar tan afastado e inhóspito?, pois hai varias teorías.
O cumio do San Bartolo está cheo de impresionantes penedos de granito de caprichosas formas, que fan pensar a algúns nun culto megalítico.
A cristianización dun lugar sagrado pagán é a teoría que sempre se formulou para explicar a situación da capela, como noutros tantos lugares. Pero tamén existe a posibilidade de relacionalo cunha antiga fortaleza. Manuel Gago aventura que neste punto estratéxico existiu unha fortificación de catro hectáreas con dúas liñas de murallas: http://patrimoniogalego.net/index.php/66294/2014/12/fortificacion-do-monte-de-san-bartolomeu/


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Non existe ningún elemento salientable no interior da capela, xa que a imaxe de San Bartolomeu gárdase na igrexa parroquial de Salto.


Tradición oral:

No alto deste monte celébrase unha romaría máis unha merenda campestre.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1050640799
Lonxitude: -9.01287674904
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84