Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cualedro
Parroquia: Lucenza
Lugar: A Saceda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro situado a 800 metros de altitude sobre o nivel do mar, domina todo o val. Escavouse entre os anos 1982 e 1988. A súa ocupación abrangueu dende o s. IV a.C. ata o I d.C. A muralla que arrodea o castro, ademais de cumprir unha función protectora, actuaba como contención do terreo na parte máis accesible. A croa está circundada por unha muralla de forma ovalada construída con grandes blocos graníticos á que se accede por unha porta formada por dúas pedras fincadas. Predominan as vivendas circulares. Atopáronse útiles de ferro, cerámica, unha perna en granito do que semella ser un guerreiro e tres moedas de prata, dúas do s. I a.C. e outra do s. I d.C.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9315764097Lonxitude: -7.62716174126
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
Martiño says:
Dec 19, 2013
A categoría do ben está errada. Para un castro BIC que temos en Ourense non o eliminedes. Asemade a localización no mapa tamén está errada. O castro está como a 1 km á esquerda de onde tedes a localización. É bastante doado de albiscar na fotografía aérea.
elixiovieites says:
Xan 6, 2015
Un traballo sobre o castro de Saceda de Alfredo González Ruibal http://revistas.usal.es/index.php/0514-7336/article/viewFile/5626/5663
Oscar Franco says:
Out 10, 2018
A prensa escrita do 9 de outubro de 2018 recolle os novos e interesantes achádegos feitos neste castro nas últimas escavacións arqueolóxicas:
https://www.gciencia.com/historias-gc/achado-castro-da-saceda/?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter
http://www.laregion.es/articulo/monterrei/aparecen-novas-cabanas-castro-da-saceda-cualedro/20181009092747828310.html
Oscar Franco says:
Mar 31, 2021
O Castro da Saceda na prensa dixital do 26 de marzo de 2021:
https://www.laregion.es/articulo/monterrei/castro-saceda-lugar-estrategico-cualedro/202103251913251015797.html
Oscar Franco says:
Nov 11, 2021
Enlace web sobre o castro. Nova do 4 de novembro de 2021:
http://historiadegalicia.gal/2021/11/video-asi-e-saceda-o-castro-de-monumentais-murallas-que-so-gardaba-gran-e-obxectos-rituais/