Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Ourense
Parroquia: Seixalbo
Lugar: Seixalbo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O Recanto da Adega ou o Cantón da Adega atópase no núcleo urbano de Seixalbo, preto da Praza Maior, unha ruela estreita, sen saída e resgardada, abeirada por fileiras de edificios, uns adicados só a adega, corte ou palleiro e outros, ademais do anterior, tamén utilizados como vivenda. Aínda se poden ver os “respiradoiros” (así lle chamaban os meus avós, propietarios dunha das casas) abertos nas portas que eran utilizados para airear o local e para que entrara a luz sen necesidade de ter as portas abertas de par en par. Sábese que as casas que vemos hoxe en día, aínda que reformadas, xa existían a mediados do século XIX polo que é posible que a súa orixe sexa máis antiga.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3049041981
Lonxitude: -7.85676956177
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84