
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Porriño
Parroquia: O Porriño (Santa María)
Lugar: O Porriño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro do ano 1615 que nace sobre dous chanzos cadrados e unha base na que se nela aprecia unha representación de ánimas. O fuste diferénciase en dúas partes: unha con acanaladuras e outra na que están representados os elementos da Paixón, todos eles anudados por cordas (Martelo, tenaces, escaleira, coroa de espiñas, cravos, látigo da flagelación, …).
Na súa parte máis elevada temos no anverso da cruz unha representación de Cristo mentres que polo reverso aparece a Virxe co fillo morto en brazos. Esta Virxe está apoiada, non directamente sobre o capitel senón sobre un pequeño zócalo no que aparece o rostro dun anxo.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OPORRINO/documents/0898CA007.pdf (Ficha 42 – Páxina 12)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3603905.html
BIBLIOGRAFÍA
PÉREZ REGO, David e ALONSO CARRERA, Paula. (2006). CATÁLOGO DE CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DE ÁNIMAS DO PORRIÑO. XUNTA DE GALICIA (Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural).
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.156998132Lonxitude: -8.61874558032
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84