Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Cervo / Mariña Occidental (comarca)
Parroquia: Sargadelos (Santiago)
Lugar: As Fábricas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Os inicios do complexo de Sargadelos remóntase a 1788, cando o empresario asturiano Antonio Raimundo Ibáñez comeza as xestións para a instalación dunha fábrica de fundición de ferro na zona do Eo. Pero non será ata 1791 cando reciba a cédula para establecer nos montes de Rúa “una o más herrerías, con una fábrica de ollas de hierro colado”. Finalmente, comezaría a funcionar en outono de 1794 no contorno do río Xunco. Desde este ano e ata 1808 só producirá munición para o exército, pois as fábricas que tiña o estado en Navarra e Cataluña para proverse de munición de guerra pecharan por mor do conflito entre España e a Convención Francesa.

Xunto con numerosas dependencias para o funcionamento da fundición, construirá un alto forno e un mazo. Ademais, para a obtención de leña do forno, promove a repoboación forestal na zona. Pero a vida do complexo siderúrxico foi bastante curta. Motín da veciñanza e traballadores (1798), escaseza de materia prima, asasinato do promotor (1809), cambios de responsables e falta de adaptación das instalacións rematarían en 1875 co peche definitivo.

Na actualidade, pódense ver os restos dos baseamentos dos fornos de calcinar, construídos en cantaría; e outros edificios como o da máquina de vapor, a casa de administración ou o pazo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
CARMONA BADÍA, X., 1993. “Sargadelos en la historia de la siderurgia española”, en Revista de Historia Industrial, nº3 1993.
SAAVEDRA FERNÁNDEZ, Pegerto: “Antonio Raimundo Ibáñez” en Empresarios de Galicia, 2006.

ENLACES WEB
http://cultura.xunta.es/imxd/programa/doc/1350635148121004BICGALICIA.pdf (p. 8)
http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/211


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.6604867258
Lonxitude: -7.40503332597
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84