Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vilamartín de Valdeorras
Parroquia: Valencia do Sil
Lugar: Valencia do Sil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

Situado na marxe dereita do río Sil, nun pequeno altorelo. Moi romanizado, atopáronse restos cerámicos, tégulas e varias moedas, entre outras unha de Antonino Pío a nome de Faustina “a xoven” e outra de Marco Aurelio a nome da súa filla Lucila. Moi alterado, durante moitos anos foi ocupado por unha antiga viña, hoxe en día abandonada, que practicamente destruíu todas as súas estruturas. Na cima hai unha torreta eléctrica de media tensión.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Asociado a unha lenda na que intervén o cabaleiro franco Roldán.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4011662289
Lonxitude: -7.07592487335
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84