Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Valadouro
Parroquia: Santa Cruz do Valadouro
Lugar: Pazos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de principios do século XVIII construída nun pequeno outeiro, segundo as versións, sobre unha antiga visigótica ou románica que, á súa vez, se erguera sobre un asentamento castrexo. Consta de tres naves de planta rectangular con presbiterio cadrado. A sancristía atópase entre os muros da nave e o presbiterio. Ao interior accédese a través dun pórtico de grandes arcadas en cuxa porta principal figuran as datas de 1715 e 1721. Torre campanario de dous corpos con balaustradas de granito, e unha escaleira de caracol interior. Na bóveda do cruceiro hai unhas pinturas murais. Disque o lintel da entrada principal de talla barroca e de feitura popular foi traído do antigo convento da Veiga de Santa Cruz do que non se conservan restos; nel represéntase a Adán e a Eva flanqueando a Satanás, clara alusión ao pecado Orixinal. No interior conserva varios retábulos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5438841772Lonxitude: -7.45386958122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Dec 23, 2013
Catálogo do Pxom do Concello de Valadouro de 1993 onde vén recollida esta igrexa e outros Bens obxecto de protección
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OVALADOURO/documents/0699CA003.pdf