Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Taboada
Parroquia: Xián
Lugar: Xián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construída a finais do século XVIII (a data de finalización é do ano 1792). En cadeirado e cachotaría de granito, presenta unha nave rectangular cunha capela apegada no lado sur. Cuberta con tella a dúas augas. O frontis, onde figura o escudo da casa de Amarante, culmínase cunha espadana de dous vans. Na capela maior conserva un retábulo rococó do século XVIII.
Dise que as pedras utilizadas para a súa construción proveñen dun antigo mosteiro familiar habitado por monxas (non moi lonxe aínda se conserva o topónimo O Mosteiro) documentado nos anos 786, 897 e 1245.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a tradición, cando o primitivo mosteiro que actuaba tamén como igrexa xa ameazaba ruína, o bispo mandou pechalo, suxerindo que os oficios se realizaran nas capelas de Figueiras o da Fenteira. Ao final os veciños, axudados economicamente polo conde de Amarante e unha xugada de bois que lles cedeu a casa de Vilasusá, edificaron o templo actual usando para elo as pedras do arruinado cenobio.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADA/documents/0697CA002.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADA/documents/0697CA003.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADA/documents/0697CA004.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADA/documents/0697CA005.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADA/documents/0697CA006.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7443837471
Lonxitude: -7.69034385681
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84