Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Berdoias
Lugar:
Outra denominación do ben: Casota dos Mouros, Casota de Berdoias
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:

A Casota de Freáns é un dolmen particular dentro do Megalitismo galego. Estímase que foi construído entre o 2500 e o 2000 a.C. Presenta unha planta rectangular formada por tres chantas verticais e unha tampa monolítica. Dimensións: 1,60 m de ancho na cabeceira, 1,48 m na entrada, cunha lonxitude de 2,70 m, cuberta de 2,40 x 3,50 m.

Dentro, nas súas laxes verticais conserva varias inscricións: coviñas e cruces. Estas últimas seguramente se fixeran para cristianizar un lugar pagán.

Posto que non ten a estrutura típica (con corredor e estrutura tumularia), encaixa dentro das construcións tardías do megalitismo galego, predecesoras das cistas da Idade do Bronce.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15092003
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

A lenda conta que estas pedras foron levadas por unha muller (ou a Virxe) na cabeza encanto fiaba nunha roca.

Durante anos, esta casota serviu de refuxio para os pastores de Berdoias.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo

LEMA SUÁREZ, Xª Mª (2006) Polas antas e mámoas da Costa da Morte. Tórculo Edicións Gráficas, Santiago de Compostela


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0478711086
Lonxitude: -9.086355865
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84