A piques de acadar os 5000 bens catalogados, queremos compartir convosco a nosa árbore de nadal. Cada elemento pendurado é un convite á visita, á descuberta e á exploración do noso patrimonio cultural. Queremos darvos os parabéns en tan sinaladas datas e desexarvos que teñades uns bos días coa vosa xente próxima.

Os carbóns que están ao pés son para aqueles bens en grave estado, ou que sufriron graves danos en 2013 -ou que en 2013 continuaron sen seren reparados- por mor de falta de medidas ou de medidas erróneas. Estes son algúns exemplos dos que podes ver na foto: San Salvador de Albeos, o incendio do Monte Pindo, igrexa de Santa Baia de Palio e Coeses.