Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Losón (Santa Baia)
Lugar: O Lameiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A igrexa actual foi fundada na segunda metade do s. XII, aínda que parece que existiu un templo anterior no recinto do cercano castro. Da súa fábrica románica conserva os capiteis e os canzorros orixinais. Ten unha soa nave con teitume a dúas augas e con tella do país, e a súa ábsida é cuadrangular formando unha “L”. A parede posterior do testeiro forma unha ábsida de ferradura de catro paredes con catro columnas semitóricas que as unen. As paredes laterais están enfoscadas.
O arco trunfal está sostido por capiteis florais e posúe unhas ventás en saeteira con dobre arquivolta sobre columnas. A portada é de xamba arquivoltada sen resaltes. A espadana é dobre, dun só corpo cuadrangular, rematado en cruz.

O interior presenta presbiterio con peralte central que se perde detrás do retablo. Está presidido por un arco triunfal de arquivoltas cuadrangular, sobre columnas tóricas. Hai outra arquivolta secundaria, que se apoia sobre capiteis que sosteñen outras dúas pequenas arquivoltas semitóricas. A cúpula do presbiterio luce pinturas murais nas que se contempla un ceo branco con estrelas azuis, e dous soles; un vermello cun rostro que o enche, e outro azúl, con rostro de perfil que ocupa tan só a metade.

No interior da igrexa atópanse varios enterramentos da casa dos Liñares, con estatua orante e pedra de armas. De entre todas elas destaca a de Vasco Taboada de Carrio, xuíz de Terra de Trasdeza no 1586, e en 1590 e 1606 xuíz de Carboeiro. No 1595 figura como procurador de Deza. A súa sepultura atópase no lado do Evanxeo do presbiterio, representado en actitude orante, de xeonllos, e vestido armadura da época. No fronte disponse unha labra heráldica cuartelada en cruz coas armas dos Taboada de Deza.

Outra lápida sinala no adro a tumba inicial do malogrado aviador Joaquín Loriga, da mesma familia.

A


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINAS WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LALIN/documents/0808CA006.pdf (Ficha 2.37 – Páxina 17)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=4568&ctre=31

BIBLIOGRAFÍA:
GARCÍA E GONZÁLEZ-LEDO, Xosé Antón, «A orante de Vasco Taboada do Carrio (século XVII)». Anuario de Estudios e Investigación Descubrindo, n.º 7 [11-22]. Lalín, Seminario de Estudios de Deza, 2005.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7450641079
Lonxitude: -8.20872098207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84