Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Losón (Santa Baia)
Lugar: O Corpiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Santuario mariano construído ao longo do s. XVIII sobre a antiga capela das Aparicións. A sancristía, a capela maior e o camarín da Virxe foron construídos en 1746, a cúpula en 1768 e as capelas laterais en 1790. En 1867 se remodela o conxunto coa construcción da fachada posterior, e no ano 1900 remátase o adro. Destacan as súas esquinas coas columnas e a gran cornixa que remata o arranque de dúas torres. A espadana é de dobre corpo, o máis baixo cadrado e o superior octogonal rematado en cúpula. Tamén destaca o seu gran cimborrio na nave central coa linterna sobre a cúpula. O santuario levántase sobre un podio de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Conta a lenda que no século  VIII vivía no lugar ermitán chamado Hermóxenes. Era gran devoto da Virxe e se pasaba os días dando sermóns aos veciños da zona. Un día el ermitán deixou de repente de dar os seus sermóns e cando foron  ver que ocorría viron que morrera. Encontrárono incorrupto, polo que os campesiños, grandes seguidores deste ermitán, no dubidaron da súa divindade e lle deron sepultura alí mesmo, construíndo enriba da súa  sepultura unha capela á que lle deron por nome “O Corpiño” Co paso do tempo e os  ataques por parte das tropas de Almanzor que arrasaron toda aquela zona, a capela foi abandonada súa sorte, quedando practicamente cuberta pola maleza. Xa no século  XII, uns pastores que buscaban cobizo pola inminente chegada dunha gran tormenta, metéronse nas ruínas desta capela para pasar unhas horas e así evitar a forte descarga de auga e raios que se lles viña enriba. Ao pouco de estar dentro, unha forte luz lles cegou de súpeto. Cando puideron fixar a mirada naquela luminaria, déronse conta de que no centro da mesma aparecía bela e tranquila a Virxe María co seu neno nos brazos. Os rapaces marcharon correndo a casa para contar o ocorrido,  pero ninguén lles fixo caso. Era tanta a insistencia dos pastores que conseguiron ao fin levar ata o lugar a súas familias e veciños e alí volveu a aparecer  a Virxe co seu neno, deixando atónitos a todos os campesiños que se acercaron á antiga  e estartelada capela. En sinal de agradecemento o pobo decidiu levantar sobre a antiga capela un novo Santuario da Nosa Señora de O Corpiño. Dende entón todos os 23 e 24 de xuño, persoas afectadas con enfermidades pouco frecuentes e non recoñecidas pola medicina tradicional acoden ao santuario en busqueda de curación.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LALIN/documents/0808CA006.pdf (Ficha 2.38 – Páxina 18)

http://www.santuario-corpino.es/index.html

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2016/06/03/o-corpino-restana-heridas/1473096.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2017/02/14/santuario-corpino-recobra-color/0003_201702D14C5993.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.74504638
Lonxitude: -8.21515291929
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84