Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Trasmiras
Parroquia: Abavides (San Martiño)
Lugar: A-52, P.K. 187,5
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Senlleiro valado publicitario cun logotipo comercial no que se representa a silueta dun touro de lidias situado a carón da estrada A-52 que permite o acceso á meseta dende Galicia.

Esta figura ten un peso de 4.000 quilos, unha altura de 14 metros, unha superficie de 150 m² e está pintada de negro con non menos de 50 quilos de pintura. A silueta está feita con paneis rectangulares suxeitos entre si, e a un bastidor metálico, por parafusos de dobre porca. Vai soportada por catro torres metálicas dispostas no reverso a altura das patas do animal. Ditas torres están cimentadas con 6 m³ de formigón.

Orixinalmente, estes valados comezáronse a colocar a partir de 1956 a carón das estradas da península, en lugares de gran visibilidade como promoción dunha marca de viño destilado. Actualmente consérvanse 91 destes touros por toda a xeografía española, cinco deles en Galicia.

En decembro de 1997, a causa dun lei que ordenaba eliminar toda publicades a carón das estradas, o Tribunal Supremo ditou unha sentenza pola cal a declara de interese cultural e pola cal se xustifica a súa conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
“Historia publicitaria de Osborne: Más que un toro”. Publicista de la publicidad, la comunicación y el marketing, ISSN 1886-5445, Nº. 71, 2002 (pp. 38-45)
BENSUSAN MARTÍN, María del Pilar: “Regulación jurídico-administrativa del toro de OsborneEspecial atención a aspectos culturales, urbanísticos y medioambientales”. Revista de derecho urbanístico y medio ambiente, ISSN 1139-4978, Año nº 46, Nº 273, 2012 (PP. 91-152)

ENLACES WEB

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/01/19/0003_8236830.htm

http://www.laregion.es/noticia/51527/toro/

http://patrimoniogalego.net/index.php/45418/2013/06/touro-de-osborne-en-ponte-sampaio/

http://www.osborne.es/toro-de-osborne/

http://www.elmundo.es/elmundo/2007/01/23/comunicacion/1169557115.html

http://www.brandemia.org/la-historia-del-toro-de-osborne/

http://elheraldomontanes.wordpress.com/2012/07/23/el-toro-de-osborne/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0527557557
Lonxitude: -7.66866892576
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84