Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arteixo
Parroquia: Sorrizo (San Pedro)
Lugar: Sorrizo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa realizada en aparello de bos perpiaños, ten planta de salón (dunha soa nave) cunha capela maior con sancristía apegada ó lado norte. O teito é a dúas augas con cubrición de tella curva do país. A nave ten, polo lado sur, unha entrada rectangular alintelada cunha moldura que sobresae con respecto ó plano do muro e dúas xanelas rectangulares de igual molduración. Outra xanela de igual forma e no mesmo lado haina tamén na capela maior.

A fachada principal é de traza pentagonal e simétrica. De abaixo arriba presenta a porta de entrada rectangular cunha moldura semellante ás do muro lateral sur ao igual ca xanela rectangular que está enriba da porta. Sobre o pincho érguese un pequeno corpo rectangular que serve de base á espadana de dous corpos: o primeiro con dous arcos de medio punto apoiados sobre piares que acollen ás campás, e o superior cun frontón curvo partido coroado por unha cruz octogonal con remates florenzados con botón central.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3117029419
Lonxitude: -8.57746839523
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84