Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mos
Parroquia: Tameiga (San Martiño)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Neste lugar temos noticia dunha ermida dedicada a Santo Amaro o 26 de setembro de 1604, e tamén en 1754. É posible que sexa a mesma da que fala Ávila y La Cueva como dedicada a Santo Antonio Abade. Hoxe non existen ningunha das dúas.
A igrexa, con tellado a dúas augas,destaca pola súa fachada occidental enmarcada con pilastras laterais en ángulo, con altas basas, e os capiteis formados coa prolongación das cornixas dos paramentos laterais que sustentan o tellado, a dúas augas, da nave.
A porta principal ten arco de medio punto. Aparece enmarcada por pequenas pilastras que sosteñen a cornixa superior voada, con semipináculos extremos, e na que se asenta unha fornela con bóveda de venera. Na fornela está a imaxe do patrón cos hábitos episcopais e bendicindo.
Sobre ela hai unha sinxela fiestra rectangular, centrada polas placas de apoio da base da torre, na que está o ano da construción da mesma “1902” baixo o anagrama mariano e o círculo previsto para a colocación da esfera do reloxo. Remátase a fachada cunha cornixa que vai ata a base da torre e que sustenta dous pináculos extremos de pirámide cuadrangular e bola.
A torre é de base cadrada e disponse en dous corpos, o inferior coas campás e o superior baleiro. Teñen abertura aos catro ventos con arcos de medio punto. Remátase cunha cruz metálica.
O paramento sur ten unha porta alintelada.
A cabeceira é de planta cadrada e cúbrese con tellado a catro augas adornado con pináculos.
A sacristía está encostada no lado sur da capela maior e presenta tellado a dúas augas, con capias.
No interior consérvanse tres retablos, o maior e dous laterais. O maior é do século XVIII. Tamén conserva varias imaxes, como a de San Xosé, Santa Filomena, Santa Lucía, San Silvestre e Santo Antonio de Padua.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ftp://pxom.mos.es/7.-20TOMO%20VII_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20A%20PROTEXER/CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20PROTEXIDOS.pdf (Ficha A_077)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MOS/documents/0836CA001.pdf (p. 3)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/tameiga.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2029011967Lonxitude: -8.64652558735
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84