Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Covelo
Parroquia: Barcia de Mera (San Martiño)
Lugar:
Outra denominación do ben: Choza de Bidueiros
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Casoupa rectangular feita de cachotería, con teitume de pedra de grandes lousas graníticas planas aproximadas en fiadas e rematadas con laxes no cumio, e terróns vexetais para aislalo do frío e o calor.
A porta de entrada está protexida por unha solaina de entrada realizada con pedras fincadas que impedían o acceso do gando ao seu interior.
No seu interior existen dúas estancias diferenciadas, unha con lareira e outra adicada a habitación, ambas co chan de pedra. Nunha das estancias destacan varias fornelas onde se gardaban os víveres e outros enseres. Tamén podían servir como lugar para durmir.

Nesta construcción gorecíanse os pastores que estaban ao coidado do gando na época de pastoreo nos meses de verán.
Asociada a esta choza, aínda que probablemente dera servizo a outras, atópase un curral realizado en mampostería seca e que dispón dunha porta formada por soleira e dúas xambas que amosan marcas de peche. A carón do curral, restan ocultas entre o piornal, múltiples parideiras para resgardo dos becerros.

Ao carón desta choza pasaba o antigo camiño de Melón, e o Camiño Medieval do Ribeiro a Pontevedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://concellodecovelo.es/?sec=61
http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/05/01/covelo-inicia-restauracion-foxo-do-lobo-chozas-pastores-suido/801307.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3209024049
Lonxitude: -8.36926996708
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84