Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Covelo / Paradanta (comarca)
Parroquia: Barcia de Mera (San Martiño)
Lugar: O San Amaro - Serra do Suído
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Choza de pastoreo feita de cachotería, con teitume de pedra en bóveda plana formado por lousas de granito dispostas de xeito lonxitudinal á porta, e terróns vexetais para aislalo do frío e o calor. Na súa construción se aproveitaron as rochas naturais nunha zona de ladeira, facendo difícil a súa localización.
A porta conserva unha soleira de protección que podería ter feito as funcións de fogar.

Nesta choza gorecíanse os pastores que estaban ao coidado do gando na época de pastoreo nos meses de verán.

Foi restaurada hai poucos anos, pero na intervención colocaron a porta de entrada á esquerda cando orixinalmente estaba á dereita.

Por esta casoupa pasaba o antigo camiño de Melón, e o Camiño Medieval do Ribeiro a Pontevedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://concellodecovelo.es/?sec=61
http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/05/01/covelo-inicia-restauracion-foxo-do-lobo-chozas-pastores-suido/801307.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3218186304
Lonxitude: -8.36659312248
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84