Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Carantoña (San Martiño)
Lugar: Carantoña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XX,
Descrición:

A igrexa de San Martiño de Carantoña combina unha antiga construcción cunha ampliación moderna de discutible gusto. A nave central, rectangular, de nova factura e moi sinxela, foi construída no século XX e asoballa co seu volume á nave orixinal, de época medieval. Esta última parte está construída en bo perpiaño e conserva unha espadana lateral a modo de torre de sinos. Ésta érguese sobre unha base rectangular rematada por unha cornixa que chega á altura do cume do testeiro da igrexa, pegada a ela no lateral dereito. Sobre ela ábrese un arco de medio punto sostido sobre machóns na que vai a campá. Esta espadana remata en triángulo a dúas augas e coróao un acroterio moldurado cunha cruz cadrangular achafranada cos brazos con remates florenzados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1355783142
Lonxitude: -9.09486919641
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84