Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Oia
Parroquia: Oia (Santa María)
Lugar: Arrabal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta ermida, que orixinal estaba adicada a San Antonio, reconstrúese en torno a 1770 e trasládase a imaxe de San Sebastián da antiga ermida situada en A Portela na montaña de Oia. A súa derradeira restauración é do ano 1993.
Está construída a base de perpiaño granítico irregular, con teitume a dúas augas con tella do país. Na fachada atópase a porta de entrada e nos lateraisdúas fiestras. Ten unha inscrición que fai referencia ao traslado da imaxe de S. Sebastián da antiga ermida.

Esta edificación pertencía aos frades do convento e tiña un adro. Cando foi a desamortización do Mosteiro, os veciños apoderáronse dese terreo, e foi posto á venda ao igual que o foron os outros bens.

A devoción por San Sebastián vai asociada ás epidemias dos s. XV ao XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.995008903
Lonxitude: -8.88039171696
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84