Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: A Enfesta (San Cristovo)
Lugar: Vilasuso
Outra denominación do ben: Castro de Vilasuso
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro presenta un recinto central de forma oval cunha ampla terraza cara o oeste que está limitada por un terraplén. O recinto central tamén está delimitado por terrapléns polos lados oeste, norte e sur e en cuxa base hai un pequeno foxo. Recinto central e terraza sepáranse por un parapeto de terra. As súas dimensións están entre os 120 metros, leste-oeste, e os 125 metros norte-sur, no que se refire ao recinto central. A terraza mide uns 75 metros leste-oeste e 90 metros norte-sur. A entrada ao recinto central ábrese no centro da terraza inferior e está flanqueda por dous bastións. A altura máxima dos parapetos exteriores están nos 10 – 12 metros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15078050
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Acuña Castroviejo, Fernando. 1968. Yacimientos arqueológicos prerromanos del Ayuntamiento de Santiago de Compostela. Tese de Licenciatura
Bouza Brey, Fermín.(1940-1) Castros de la comarca compostelana. Archivo Español de Arqueología- T XIV pp.539-53. Madrid
Catalogación de Yacimientos prerromanos del Ayuntamiento de Santiago Arqueoloxía /Investigación 3. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Benestar. Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico Artístico. Santiago.
García Martínez, Manuel Carlos (1971) Morfoloxía castrexa das Terras de Compostela . Compostelanum XVI .Santiago
Enlace web coa ficha do PXOM
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca007.pdf
pax. 3 de 48 do pdf.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9335528406
Lonxitude: -8.48024368286
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84