
Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Fortificacións urbanas,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiona
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O primitivo recinto amurallado data do século II a.X., aínda que sufríu posteriores reformas mandadas executar por Alfonso IX de León (finais S. XII – principios S. XIII) e Felipe IV, promotor de importantes reformas nas murallas.
O actual conxunto distribúese dentro dunha superficie que rolda as 18 hectáreas, combinándose elementos antigos de marcado carácter militar cos modernos creados como consecuencia do establecemento do Parador Nacional. Sobresaen a Porta do Sol (a máis antiga das tres que franquean o acceso ao interior), a Punta Tenace ou Torre utilizada antigamente como polvoreira e prisión, a Porta Real do século XVI blasonada cun grande escudo da casa de Austria, a Porta de Felipe IV en honra a este monarca, a Torre do reloxo de considerable altura e coroada por ameas, e a Torre do Príncipe así denominada probablemente debido ao feito histórico de que nela estivo cara a 1137 o príncipe luso Alfonso Enriques, prisioneiro de Alfonso VII.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: InfraestruturaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Os incendios de outubro de 2017 son so afectaron ás murallas senón a todo o conxunto.
Referencias bibliográficas:
http://historiadegalicia.gal/2017/10/asi-quedaron-dos-bens-patrimonio-galego-arderon-domingo/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1229426633Lonxitude: -8.85030269623
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84