Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Pobra do Caramiñal
Parroquia: Santiago do Dean (Castelo)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Igrexa dos séculos XIV e XV de estilo gótico mariñeiro, xuntándose con outras tendencias coma plateresco, barroco e neoclasicismo. A parte máis antiga e o ábside e coma gran curiosidade presenta nun dos laterales un canzorriño representando un olifante. E o único que aparece, así que non e difícil atopalo. Está situada no mismo centro da puebla, moi perto do porto.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.60787820825613Lonxitude: -8.938150405883789
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Set 11, 2011
Coma información complementaria, engadir a ficha do PXOM da
Pobra do Caramiñal (2007), ficha 31 no catálogo:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca010.pdf
Oscar Franco says:
Xul 22, 2014
Aporto a seguinte información:
Igrexa de planta rectangular, con ábsida semicircular e capelas laterais. Consta de nave central, capela maior, baptisterio, sete capelas e sancristía. Os seus muros son de cadeirado de granito e a cuberta de tella é a dúas augas salvo na cabeceira que é a seis. A fachada principal consta dunha grande porta rectangular flanqueada por dúas fornelas, unha a cada lado, e unha terceira arriba con imaxes. A ambos os dous lados desta ábrense dúas grandes ventás. No punto máis alto sitúase a espadana, de planta cadrada, con dous corpos superpostos, con catro machóns unidos por arcos e rematado con cúpula. Nos dous extremos da cuberta sitúanse dúas imaxes de músicos, un cunha guitarra e outro cunha frauta. A nave principal divídese en cinco tramos por arcos “fajones” apuntados que sosteñen unha bóveda de canón rebaixada. A ábsida, de estilo gótico, ten unha cuberta de bóveda apuntada con nove nervios, é de planta poligonal.
Destacan a capela de Sacro con bóveda de crucería, e a Capela da Alba de finais do século XV profusamente decorada con elementos arquitectónicos e figuras labradas en granito
Información web:
http://artenoafonsox.blogspot.com.es/2011/12/igrexa-de-santiago-da-pobra-do-dean.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5074&ctre=31
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/A%20CORUNA/pobra/castelo.html
http://www.arosanorte.net/Iglesia%20Santiago%20de%20O%20Dean%20Puebla.htm
Información sobre o canzorro do Olifante:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/03/09/o-elefante-de-guerra-da-capela-de-alba/