Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Marantes (San Cristovo)
Lugar: Agualada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela de estilo románico construída no século XII e reedificada no século XVI. De planta rectangular con ábsida circular e con sancristía acaroada ao lateral norte e con teito a dúas augas con cuberta de tella curva. No exterior conserva a fábrica románica na cabeceira, na portada, e na base dos muros laterais. A ábsida en hemiciclo ten columnas con capiteis decorados con canzorros e cunha ventá dobre rematada en arcos conopiais e dividida por unha pequena columna , hoxe en día está tapada. Esta ventá está rodeada de inscricións difíciles de ler dado o seu desgaste.
Na fachada pódense ver restos da antiga portada, como no arranque das columnas acobadadas onde se poden ver dúas figuras de leóns aos lados da entrada e que lle fan de base. Remata a entrada en arco de medio punto con arquivolta. A altura dos capiteis o lenzo do muro é de nova construción e con sillares máis pulidos que na parte inferior. Leva un óculo na fachada para dar luz ao interior e remata o cume con espadana que arranca con adorno de cornixa voada e ten dous vans con arco de medio punto para as campás. Ten escaleira de pedra con varanda de ferro no lateral esquerdo para acceder ao campanario. Consérvanse nesta igrexa, facendo de arco de trunfo, un arco do desaparecido claustro da catedral de Santiago, traído aquí cando no século XVI foi demolido para contruír un novo en tempos do arcebispo Alonso de Fonseca y Acebedo . A Capela está ao carón do trazado do Camiño Inglés a Santiago.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Cebrián Franco, Juán José. Guía para visitar los Santuarios Marianos de Galicia. Encuentro Ediciones. 1989. Madrid.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf (53 de 59 do doc pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9379672229
Lonxitude: -8.47024440765
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84