Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: Cereixedo
Lugar: Cereixedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situada nun pequeno, fermoso e solitario val, a carón do río do Brego. De grandes proporcións, diferénciase do resto das construción relixiosas do concello. Ten un amplo frontis conformado por unha torre de planta cadrada dividida en tres corpos, o primeiro dos cales, cun arco de medio punto, facilita o acceso ao interior do templo. A nave é de planta rectangular, con cuberta a dúas vertentes teitada de lousa. Coa finalidade de soportar os empuxes da bóveda, os lenzos laterais están reforzados por contrafortes, función que tamén desenvolven as paredes exteriores das capelas laterais. Os arcos torais axudan a soportar o peso da nave. Sobre a base da torre elévase o coro, realizado en pedra, con balaustrada de madeira. No presbiterio arco triunfal apuntado, con bóveda semellante á da nave e acceso á sancristía. No interior consérvase o retábulo maior de estilo renacentista coas imaxes de Santiago Peregrino, a Piedade, un bispo en actitude de impartir a beizón, San Xoán co cordeiro, San Miguel Arcanxo e o Sagrario con relevos representando a San Pedro e a San Paulo.
Tamén se poden ver varias capelas: a da Dolorosa, a do Rosario e outra no lateral norte cun retábulo no que se representa un Via Crucis, a imaxe de Cristo, un grupo exento de mulleres e un anxo alado. No mesmo lateral hai outro retábulo de estilo rococó coa imaxe de San Francisco de Asís e outro santo, todos do século XVIII.
Adro cemiterio ao redor.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Diario Oficial de Galicia do 12 de xullo de 1991 (páx. 6496 e 6.497)
Luis López Pombo: “Glosario parroquial de Cervantes”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7930230663Lonxitude: -6.93551659584
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84