Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: Taboexa (Santa María)
Lugar: Altamira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

Castro de pequenas dimensións, cun diámetro total de 50 metros, cunha acrópole ben definida. Aínda é posible ver restos da súa muralla defensiva e un foxo na súa aba nordeste.

Nas primeiras escavacións do castro realizadas no ano 1929 atoparonse varias moedas, cravos, coitelos de ferro, fíbulas, lucernas, muíños de man, cerámicas e restos dun peite de cobre.
No ano 1953 Filgueira Valverde e Alfredo García Alén atopan moedas, unha argola de bronce, unha figura de vaca, unha cabeza de can e outra de porco, cerámicas e unha pequena ánfora con cinzas brancas.
Entre 1973 e 1976 atópanse pezas de ouro e prata. Neste último ano o equipo de escavación dirixido por García Alén e Acuña atopan fíbulas en omega, agullas de fíbula, aneis, moedas, pequenos lingotes de chumbo e un muíño de man.
Na última escavación, que tivo lugar no 1999, foron descubertas diversas figuras de bronce, como un pedestal, un togado e un aplique.
Pero o achado máis importante foi realizado por un veciño do lugar cando participaba unha escavación de Alfredo García Alén. Na aba oeste atopou unha figura de 11,5 cm feita en bronce que representa ao deus Mercurio, hoxe depositada no Museo de Pontevedra.

No coto Altamira tamén podemos ver varios petróglifos.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36034001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Segundo a crenza, no coto coñecido polo nome de Altamira, vive unha moura, que ficou alí gardando tesouros cando se producíu a marcha dos seus restantes conxéneres. Esta moura, dise, leva na cabeza un anelo cunha figura de serpe que, sorprendente e analogamente ao mito da Medusa Gorgona, petrifica a todo aquel que a olle”. (Relato procedente de Candón-Taboexa-As Neves).  
Outra lenda conta que alí os mouros fixeron un boi de ouro para adoralo, e deixárono enterrado. O boi cobrou vida e segue debaixo dun penedo, ó que chega, por debaixo da terra, un brazo do mar. Por iso ninguén pode mover o penedo para intentar ver ou coller o boi de ouro. Se alguén o fai, o mar inundará todas as aldeas de arredor.


Historia recente do ben:

O castro quedou fortemente afectado pola vaga de lumes do mes de outubro de 2017. (ver referencia bibliográfica).


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA001.PDF (Páxina 2)
http://www.depo.es/informacion-xacementos?p_p_auth=F6BORxv5&p_p_id=56_INSTANCE_xQ1Zcjokkqe4&p_p_lifecycle=0&p_p_col_id=_118_INSTANCE_cADfkR0u1FoR__column-0&p_p_col_count=1&_56_INSTANCE_xQ1Zcjokkqe4_groupId=1076146&_56_INSTANCE_xQ1Zcjokkqe4_articleId=1668349
http://www.taboexa.es/2011/08/prehistoria-de-taboexa-corregido.html
http://buscandoentrelaniebla.blogspot.com.es/2010/10/taboexa-imaginando-el-castro-de.html
http://buscandoentrelaniebla.blogspot.com.es/search/label/Altamira
http://www.galiciamaxica.eu/pontevedra/castroaltamira/
http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/12/04/arqueologos-operarios-recuperan-castro-altamira/926133.html
http://historiadegalicia.gal/2017/12/extenso-informe-patrimonio-de-galicia-queimado-outubro-petroglifos-castros-castelos-outros-bens/
http://omeigodotea.blogspot.com/2019/07/branco-ou-tinto-vino-ou-aceite-os.html

BIBLIOGRAFÍA
“Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria”. Vaqueiro, Vítor. Editorial: Galaxia. 2003.
“Bronces figurados de Taboexa” Rodríguez García, Purificación. Proxecto XUGA 21001 B94.
“Culto e imagen de Mercurio en Gallaecia”. Rodríguez García, Purificación; Acuña Castroviejo, Fernando. Proxecto XUGA 21001 B94.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1251360084
Lonxitude: -8.42938363552
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84