Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: Quindous
Lugar: Quindous
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa moi reformada. Presenta unha nave rectangular, cuberta a dúas augas en lousa. No frontis ten unha torre campanario con pórtico dentro da nave formado por dous piares que a sosteñen, catro troneiras e cimacio. O presbiterio ten case as mesmas proporcións ca nave, con piso máis elevado e cuberta a catro vertentes. A sancristía está acaroada ao lenzo lateral sur, con acceso directo. No interior o retábulo maior e sinxelo, salientando as imaxes do Salvador, Cristo, bustos do Pai Eterno e de San Pedro e San Paulo, todos da primeira metade do século XVIII. Ten outros dous retábulos laterais, de factura moi sinxela, coas imaxes de Santa Lucía do ano 1540, San Pedro e San Paulo e o Santo Anxo da Garda. Custodia un cáliz de prata repuxada, outro cáliz de prata cicelado e un copón do mesmo metal. Adro cemiterio ao redor.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.496 e 6.497).
Luis López Pombo: “Glosario parroquial de Cervantes”


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8665756878
Lonxitude: -6.99226140976
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84