Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: A Ribeira
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Construída ao logno do século XVIII. De grandes proporcións ten unha nave rectangular que no interior se converten en tres (principal e dúas laterais), todas baixo a mesma cuberta a dúas augas e teitada en lousa. O frontis está coroado por unha torre moderna. Dúas amplas arcadas en cada lateral con apoio nun piar central que separa a nave central das laterais. As piastras forman os segundos puntos de apoio de todos os arcos, por riba dos que descanssa o tellaroz. O presbiterio garda a mesma liña da nave principal, mais o piso e máis elevado. Acaroada ao muro lateral está a sancristía que ten acceso directo dende o presbiterio. No interior conserva un retábulo maior barroco de tendencia neoclásica coas imaxes da Virxe e o Neno do século XVIII, San Miguel e o dragón e neno da man da mesma época ca anterior, a talla dun bispo posiblemente do século XVI e unha Virxe do do mesmo século. No ático imaxe do Pai Eterno e dous anxos.
Interesante pía bautismal con faixa escultórica en torno á cunca, delimitada por trenzados e diversa ornamentación xeométrica onde aparece a seguinte lenda: “Hizose ano de 1738 siendo obispo de Lugo el ilustrísimo S.B.D. Cayetano Gil Taboada y cura D. Luis Pardo y Andrade”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.496 e 6.497).
Luis López Pombo: “Glosario parroquial de Cervantes”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8948915Lonxitude: -7.0636252
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84