Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilasantar
Parroquia: Mezonzo (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Igrexa de Santa María de mezonzo é, xunto cunha ala do claustro, todo o que resta dun mosteiro familiar de fundación moi antiga, probablemente do século IX, aínda que algúns remontan o primitivo cenobio ao século VIII, baseándose no reaproveitamento de dous capiteis dos séculos VI-VII na construción da igrexa.
O templo actual data de principios do século XIII, e ten pranta basilical, de tres naves, que se corresponden con tres ousías semicirculares no testeiro. A ábsida central é máis elevada que as laterais, e está precedida por un corpo tamén máis elevado. Os muros exteriores das tres capelas adórnanse con columnas acaroadas, con xanelas situadas nos intercolumnios, tres na capela maior e unha nas laterais, decoradas con columniñas que sosteñen arcos de medio puntos decorados cunha chambrana axedrezada, que se continúa pola liña de imposta dos arcos. Os beirados das capelas laterais están sostidos por canzorros, mentres que o da capela maior apóiase sobre unha serie de arquiños cegos. No muro oriental, que salva a diferencia de altura entre as capelas e a nave central ábrese un fermoso rosetón polilobulado.
A igrexa ten tres portadas, sen decoración escultórica, como corresponde á inspiración cisterciense dos construtores do templo. A única decoración consiste nas arquivoltas, apoiadas sobre as correspondente columnas nos derrames, tres na portada occidental, e dúas nas outras, presentando a portada Sur, a curiosidade dun arquiño polilobilado.
No interior, as tres naves están separadas por piares compostos que sosteñen unha bóveda apuntada, apoiada en arcos faixóns e formeiros tamén apuntados, que se corresponden con contrafortes exteriores, nos muros Sur e Norte, e na fachada occidental. As capelas da cabeceira cúbrense con semicúpulas. Nos capiteis, de decoración someira, abundan as formas vexetais estilizadas, aínda que poden atoparse algúns exemplos con figuras de animais enfrontados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.060320492
Lonxitude: -8.13474297523
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84