Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Cervantes
Parroquia: San Tomé de Cancelada (San Tomé)
Lugar: Dumia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela de planta rectangular con cuberta de lousa a dúas augas. Espadana dun van. Os muros laterais están protexidos por tres contrafortes, con vestixios dunha antiga porta de acceso. O sacerdote e escritor Elías Valiña Sampedro aseguraba que o presbiterio era dunha obra primitiva. Na actualidade os muros están caleados. No interior conserva un retablo barroco de finais do século XVIII, semiempotrado no muro do testeiro, onde se ven as tallas da Virxe María co Neno e Santiago Peregrino, ambas do século XV. Hai outras dúas esculturas que representan a San Francisco de Asís e a un bispo. Segundo a documentación, no século XII pertencía ao desaparecido Mosteiro de San Salvador de Cancelada do que se descoñece a súa situación exacta.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
O topónimo Dumia xa aparece como tal en documentos do século XI, “hereditas de Guntrode Citiz in Dumia”. O topónimo é, cando menos, chamativo. Para A. Holder viría do céltico “dumjo-s”, cima, cumio, outeiro, mais tampouco podemos desbotar que tivera algunha relación con San Martiño de Dumio; en Galicia temos a “Sedes Dumienses” onde exerceu o santo como titular de San Martiño de Mondoñedo, en Foz.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA003.pdf (p. 2)
http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-de-cervantes_23.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8515858622Lonxitude: -7.06884384155
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84