Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Cervantes
Parroquia: Lamas (San Xiao)
Lugar: O Pandelo
Outra denominación do ben: Capela da Virxe das Candeas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa que vemos na actualidade non é a parroquial orixinal que se erixía en Lamas. A primitiva igrexa foi vítima das chamas, de aí que a partires daquel momento os oficios relixiosos pasaran a esta ermida posta baixo o padroado da Virxe das Candeas, situada no Pandelo. Presenta unha nave de planta rectangular, mentres que o frontis está situado nun lateral reforzado por un contraforte. A espadana é de dous vans. A porta de entrada é de arco de medio punto. Nun lenzo lateral ábrese un pequeno alpendre apoiado nos muros da sancristía. O presbiterio é máis elevado ca nave, con teito a catro vertentes e cuberto en lousa. O arco triunfal e os tres laterais sosteñen unha rexa cúpula, sen lanterna.
O retablo maior está situado baixo o testeiro, é unha transición do barroco ao rococó, con moitos elementos decorativos. Conserva dúas imaxes da Virxe das Candeas, outra talla dun santo e o Neno e a Cristo crucificado na parte superior, todos do século XV. No retablo lateral dereito aparece a imaxe de San Pedro e a cruz parroquial de madeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA003.pdf (p. 3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8280477995
Lonxitude: -7.04146385193
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84