Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Chandrexa de Queixa / Terra de Trives (comarca)
Parroquia: Requeixo
Lugar: Monte do Castelo de Cerveira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O castelo de Cerveira é un gran recinto fortificado na Serra da Queixa, construído nun cumio que acada os 1.550 metros de altitude . A súa estrutura, segundo Rafa Quintía e Miguel Losada, membros da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), dificilmente podería ser encadrada dentro das que soemos asociar a un asentamento castrexo, e tampouco se pode concluír, sen traballos científicos, a que etapa histórica pertence e a que funcionalidade responde. Aínda que un panel indicativo no inicio da ruta dinos que :“..pode tratarse dun castro, dunha construción defensiva romana ou ben ter unha orixe medieval”.
Está moi cerca do límite do concellos de Chandrexa de Queixa con Vilariño de Conso. Os lugares máis próximos serían Requeixo e Padroalbar a 5 e 3.5 km. respectivamente, pero contados en liña recta, polo tanto a súa situación é nun cume bastante illado e de difícil acceso con respecto a sitios habitados na actualidade.
Segundo Miguel e Rafa o Castelo de Cerveira abrangue 10.500 m² de superficie total. Ten un perímetro de 430 m. e foi provisto de 250 m. lineais de murallas, principalmente nas orientacións sur ( un tramo de 100 m. e outro de 50 cunha porta ou abertura entre elas) e oeste ( no que se aprecia unha pequena abertura que puidera ser un derrube) . Tamén conta con outro menos extenso, de 30 m. cara o noroeste. Estas medidas foron tomadas no google Earth.
O recinto conta con posibilidades habitacionais cara o oeste e sur e aínda conserva cabanas feitas coa mesma pedra do monte. As cabanas teñen un eixo maior moito máis longo que o menor, cunha medidas de 20 x 4 metros, a maioría delas pegadas á muralla.
No post de SAGA lemos:” Existen aínda nesta terra lugares que agochan respostas á altura das cuestións que plantean. Unha das áreas especialmente interesantes no tocante a estes enigmas é o Macizo Central ourensán co seu dondo cumio, a Cabeza Grande de Manzaneda, exercendo de fito absoluto de todas as perspectivas”

Foto principal SAGA. Na segunda foto, unha imaxe das pendentes lidar 2009 e a ortofoto do voo americano de 1956 onde se aprezan estruturas de recintos dentro das murallas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

En canto ao patrimonio inmaterial Miguel Losada e Rafa Quintía recolleron do Sr. Baltasar de Pradoalbar (ou Pedralbar) a lenda do Castelo de Cerveira que foi construído polos Mouros hai moito tempo, pero antes construiron o castro de Pedralbar. Nel moraba o xefe dos mouros. Este rei da mourindade mandou construír o Castelo de Cerveira e así se puxeron a facelo, pero no momento de poñer a derradeira pedra, o xefe accidentouse e morreu e a nova fortaleza quedou sen ser habitada polos mouros. Segundo outro relato que contou (citado literalmente do artigo feito por Miguel Losada sobre o castelo en Fol de Veleno 2014): “Segundo outro relato, que o señor Baltasar tiña escoitado á súa nai, os mouros que construían no curuto pasaban moita fame e a súa condición era ruín e diferente da do común. Unha tarde unha nena do pobo gardaba as vacas nos lameiros por riba da aldea a medio camiño da base do curuto. Chegada a noitiña os animais volveron por si mesmos á corte, cousa que alarmou á nai da pequena, de xeito que esta saíu polo camiño dos altos para chamar por ela. “ Maruxiñaaa! Maruxiñaaa! Berraba a muller.” Os berros demoraron pouco en ter resposta “ dende o Castelo de Cerveira ouvearon os mouros: “ Maruxiña, marixola está fritidiña na tixola.”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2013/10/15/o-enigma-do-castelo-de-cerveira/
Foto do Voo americano do 56
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/ORTO56/Orto56_0227A-0607.pdf
O Castelo de Cerveira está na esquina esquerda parte central da imaxe
Pendentes Lidar http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0227A-0607.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1977810033
Lonxitude: -7.30930924416
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84