Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Cervantes
Parroquia: O Castro (Santa María)
Lugar: Vilaluz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena capela de planta rectangular cuberta en lousa a dúas augas situada na parte alta da aldea. Ten unha pequena espadana e porta de acceso alintelada. No interior custodia as imaxes de San Miguel, con espada e dragón aos pés, pode que do século XV ou XVI. Restaurada hai pouco tempo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

O topónimo Vilaluz nada ten que ver cun sitio onde hai moita luz, senón cunha (villa) Lucii, dun posesor de nome Lucius, xenitivo de lux, lucis, luz. A aldea cítase na documentación do mosteiro de Carracedo do Bierzo nos anos 1275, 1311, 1312, 1326 e 1351.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.496 e 6.497).

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-de-cervantes_23.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8616214261
Lonxitude: -7.03575611115
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84