Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: Vilaquinte (San Breixo)
Lugar: Vilaquinte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situada na parte máis elevada da engaiolante aldea, presenta unha nave rectangular cuberta en lousa a dúas augas. Porta de acceso nun lateral cunha ventá polo lado. No frontis está a entrada principal, e por riba un óculo e a espadana dun van. O presbiterio, de menores proporcións ca o resto do templo, pero máis elevado ca nave, está cuberto a catro augas, con cúpula interior formada de madeira. O arco triunfal rebaixado, a sancristía semicircular na parte posterior. No interior o retábulo maior é sinxelo, de estilo renacentista, coas imaxes de San Breixo, San Roque e San Brais. No templo custódiase un copón de corpo cilíndrico, un cáliz e unha cruz parroquial. Unha das rúas, asfaltadas, tapou parte da sancristía e un lateral do templo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.496 e 6.497).
Luis López Pombo: “Glosario parroquial de Cervantes”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9022189166Lonxitude: -6.95653438568
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84