Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: Vilaver (San Xusto)
Lugar: Vilaver
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Encravada na parte máis baixa da aldea, nas proximidades do río Ser. Construída no primeiro terzo do século XVII. Con adro cemiterio ao redor. Ten planta rectangular cuberta en lousa a dúas augas. O presbiterio, tamén de planta rectangular, é máis elevado ca nave. Espadana de dous vans. No interior sinxelo retábulo maior de estilo renacentista coas imaxes de Cristo, San Xusto e San Salvador. O sagrario presenta un relevo de Cristo resucitado. Custodia un copón de prata.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

O topónimo Vilaver pouco ten que ver cun lugar dende onde se observa unha ampla panorámica. Fai alusión a unha (villa) Valerii, dun propietario de nome Valerius, un xentilicio romano que tamén se utilizou como cognome e nome persoal. Citada como Villavaer no ano 1200, e Villavaeer no 1208.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.496 e 6.497).

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-de-cervantes_23.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8708376074
Lonxitude: -6.98520183563
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84