Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cerdedo / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Cerdedo (San Xoan)
Lugar: Cerdedo - Praza de Don Fernando García Leiro
Outra denominación do ben: Igrexa do Ecce Homo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo neoclásico que data do ano 1779. Posúe unha construción de planta de cruz latina, unha soa nave no brazo maior dividida en tres tramos.
A fachada ten unha porta alintelada que remata con dous torreóns con espadana cubertos cunha pequena cúpula, e sobre elas unhas pequenas cruces latinas. Entre as torres atópase unha imaxe de San Xoán Bautista realizada polo arquitecto local José Nieto.
A espadana e unha construción de tixolo de recente factura cun reloxo nun lateral.
No interior gárdanse diferentes imaxes entre as que destaca a do Ecce Homo creada polo escultor José Gambino. Tamén destacan diversos pasos de Semana Santa do escultor Ferreiro (s. XVIII).

Anteriormente á construción desta igrexa existía un templo románico, de planta de salón e ábsida rectangular con dúas portas sen adornos. Tiña teitume de madeira a dúas augas e canzorros no alero. A capela quedou pequena e no século XVII comezouse a construir estoutro templo máis grande, por orde do rector santiagués Ramón Vicente Moas y Barreiro. Sen embargo as obras de construción se alongaron durante dous séculos, o que lle deu á igrexa o seu aspecto actual barroco e neoclásico.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA002.pdf (Páxina 7)
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/cerdedo/iglesiasanjuan.html
http://www.galiciaenteira.com/iglesia-de-s
http://www.webterrademontes.com/ParroquiasCe.htm
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/10/18/o-roubo-da-igrexa-cerdedo/1333872.htmlan-juan-bautista-cerdedo/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5315555951
Lonxitude: -8.39063107967
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84