Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: O Gorgullón
Outra denominación do ben: Muíño do Gorgullón
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Muíño no antigo lugar do Gorgullón, hoxe dentro do casco urbano da cidade de Pontevedra, polo que a paraxe está moi mudada da que foi no seu tempo. Consta dunha canle que comeza a 100 m. río arriba, que desemboca nunha balsa común para tres cubos ou canles cubertas. Pola outra beira podemos aínda ver as tres bocas do inferno polas que saía a auga.
O muíño era de planta rectangular en pedra de cantería ben traballada e teitume a dúas augas. Tiñas grandes fiestras alinteladas. Ao muíño estaban acaroados outros dos edificios, un en pedra de perpiaño, posiblemente destinado a vivenda e de construción posterior, e outro en pedra de cachotería que supoñemos era un almacén.
Hoxe leva engadida unha pasarela en pedra de corte industrial con pasamáns de aluminio sobre a balsa do muíño.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BARROS JUSTO, Ramiro. “Muiños de río das terras de Pontevedra”. Diputación de Pontevedra, 2005. ISBN: 84-8457-225-02. Páx. 185.

LIGAZÓNS WEB:
“Muíño do Gorgullón”. Faro de Vigo, 2013-07-03. [Consulta 2014-02-11] Dispoñible en: http://www.farodevigo.es/cartas/2013/07/03/muino-do-gorgullon/839237.html

“Nueva visión de la ribera de Os Gafos”. Faro de Vigo, 29.05.2013-05-29 [Consulta 2014-02-11] Dispoñible en: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/05/29/nueva-vision-ribera-gafos/818760.html

“Os catro muíños que acollerán unha rede museística xa son propiedade municipal” Concello de Pontevedra, 12-01-2010 [Consulta: 20-02-2014] Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/muinos


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

En estado de abandono aínda que se conserva ben. A magoa é a pasarela de pedra sobre a balsa que dificulta a visión e interpretación do muíño e o seu sistema.


Onde está localizado

Latitude: 42.4242849238
Lonxitude: -8.63844037056
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84