Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: San Tomé de Cancelada
Lugar: San Tomé de Cancelada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dunha igrexa de aspecto e trazas sinxelas. Nos lenzos exteriores aprécianse as distintas reformas das que foi obxecto. A nave ten cuberta a dúas augas teitada en lousa. Nos laterais dúas pequenas capelas, e sancristía no norte do presbiterio. No frontis presenta un cabido de tres vertentes cuxa misión era protexer o acceso ao templo. Espadana de dous vans. No interior hai un retábulo maior do ano 1681, formado por dous corpos, coas imaxes da Inmaculada Concepción, San Xoán, San Bartolomeu, Santo Tomé, San Miguel e un anxo. No conxunto salienta o Sagrario con relevo de Cristo crucificado, e nos laterais os relevos de San Pedro e San Paulo. Os retábulos laterais están empotrados na parede.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Na “España Sagrada” dos PP. Flórez e Risco do século XVIII faise alusión ao mosteiro de San Salvador de Cancelada. Con anterioridade, a única referencia débese a unha licenza do papa Alexandre III ao bispo de Lugo, Xoán, para construír unha igrexa e un mosteiro no lugar de Cancelada, en terreos doados polo rei Fernando, e para facer doazón deles aos monxes do Císter. De existir este mosteiro, a data de fundación hai que situala entre os anos 1152 e 1181 en que o bispo Xoán, elixido polo cabido, estivo á fronte da diócese de Lugo. Este prelado fora con anterioridade abade do mosteiro de Samos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-de-cervantes_23.html

Luis López Pombo: “Glosario parroquial de Cervantes”

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.496 e 6.497).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8427192334
Lonxitude: -7.07579612732
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84