
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: Vilapún (Santa Comba)
Lugar: Vilapún
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dunha igrexa de transición renacentista ao barroco. Nave cuberta en lousa a dúas augas e presbiterio máis elevado ca nave. Nun lateral hai un pórtico polo que se accede ao templo. Espadana de dous vans. Adro cemiterio ao redor. No interior ten as imaxes de Santa Comba, Santiago Peregrino, San Bartolomeu, Santa Tareixa, a Virxe do Carme co Neno e outras imaxes, todas do século XVII. Na sancristía hai unha imaxe de Cristo. Na ourivería salienta un cáliz de prata cicelada cunha inscrición. Foi restaurada recentemente con achegas dos veciños.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Luis López Pombo: “Glosario parroquial de Cervantes”
Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.496 e 6.497).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8110180246Lonxitude: -7.02846050262
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 23, 2016
A prensa escrita do 21 de agosto de 2016 recolle a nova da restauración do retablo renacentista de finais do século XVI que podemos ver no interior desta igrexa:
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2016/08/21/rescate-retablo-renacentista/00031471727606059171270.htm