Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cervantes
Parroquia: Vilarello (Santa María)
Lugar: Vilarello da Irexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situada na parte baixa do pobo. Presenta unha nave rectangular cuberta en lousa a dúas augas. Espadana de dous vans e unha troneira na parte superior. O pórtico é pechado e reforzado por dous amplos portóns de acceso. O presbiterio segue a mesma liña da nave, pero máis elevado, cuberto a catro augas. O arco triunfal de medio punto e bóveda formando unha cúpula que descansa sobre pechinas. Adro-cemiterio ao redor. No interior, o retábulo maior, do século XVIII, conserva as imaxes da Asunción, do século XVI, San Antonio, un santo con hábito talar, Cristo, Santa María, San Xoán, San Sebastián e un bispo. No retábulo lateral dereito, barroco da segunda metade do século XVII, salienta a talla da Virxe co Neno Xesús, do século XVI. Na sancristía hai unha imaxe de San Francisco, a Virxe, unha santa, Cristo e un tosco San Roque.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.496 e 6.497).
Luis López Pombo: “Glosario parroquial de Cervantes”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7672731489Lonxitude: -6.97842121124
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84