Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Bugarín (Santa Cristina)
Lugar: A Chan ."Sobreira"
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Conxunto de residencia familiar e edificio de dependencia agrícola. A casa residencial, de grandes dimensións e realizada en pedra ben traballada, presenta dous pisos. Con cuberta a dúas augas. Do seu interior non se conserva nada e chama a atención a cheminea.
No lenzo exterior principal presenta dúas alturas. A primeira consta de tres ventás intercaladas polo que serían dúas portas de acceso. O segundo piso, con alternancia de ventás e balcóns -aínda que non presentan balaustrada- suman tres vanos pequenos e dous grandes ou balcóns. No muro contrario tamén conta con ventás e ventanais en ámbolos pisos, como ocorre en tódolos lenzos murais. Cinco ventás no segundo piso –catro pequenos e un de maior tamaño- e dous no primeiro piso. Na fachada principal presenta tamén unha porta de acceso no primeiro andar e dúas ventás, unha no segundo e outra no terceiro. Ó seu carón, unha cheminea de grandes dimensións para a época da que se trataba, o que nos fala da relevancia que posuía o dono. Tamén conta cunha construción anexa, da que só se conservan os muros exteriores.
Na parte de atrás e formando parte do muro que circunda pola parte traseira a finca, estarían as dependencias agrícolas, onde gardarían ós animais. Feito a unha soa auga, con cachotería, aínda ten marcas nos muros dos espazos para a colocación dos tabiques que soportarían o peso dun probable segundo piso ou da cuberta da estrutura. Soamente conta cun pequeno vano para que airease a zona e unha porta de entrada e saída para os animais. A certa distancia, uns 270 metros, atópase a mesa do Tapalatá, onde se conta que se os xornaleiros comían durante o descanso da xornada de traballo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contan que un galego emigrado ás Américas -hoxe en día coñecido como o Tapalatá-  voltou, xunto coa esposa e fillos, para construír unha casa de grandes dimensións nesta finca. Nela, ademais de erixir a súa residencia familiar, levantou un negocio agrícola.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SAMPEDRO FERNÁNDEZ, A., “Unha volta polo Tapalatá”, en Pregón:hoja divulgadora de las fiestas del Stmo. Corpus Christi, nº10, Pontevedra, 2000, pp. 67-72.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Si. Polo paso do tempo presenta abundante maleza e un deterioro tal, que debería realizarse una intervención de restauración, conservación e posta en valor, xa que forma parte da tradición do lugar.


Onde está localizado

Latitude: 42.2000752778
Lonxitude: -8.48313222222
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84